|
PRESENTACIÓN







Parte do equipo teatral ó remate dunha representación do
"Decamerón"
O grupo de Teatro "Nova
Escena" tivo a súa orixe no obradoiro de teatro do
centro
social
municipal “A milagrosa
” de Lugo, comezando a súa andaina como tal no ano
1997
e seguindo ata hoxe coas súas
interpretacións teatrais.
Durante este tempo, foi medrando nos membros do obradoiro a
sensación de pertenencia a un grupo de teatro. Incrementáronse o
número de ensaios e funcións, estabilizáronse os equipos de
traballo das distintas áreas. Este feito catalizou a formación da
Asociación Cultural-Teatral "Nova Escena",
en Xaneiro de 2003.
Desde
esta data, e logo de ter preparada a peza de Borralliña
(adaptación de Xoán Laxe) e xa con carácter de asociación,
acometemos o proxecto de representar:“O Decamerón”,
Adaptación de Xoán Carlos Laxe de la novela de Giovanni Bocaccio
(2003)"A Irmá Mª Ignacia explícavolo todo" de
Christopher Durang (2004), Lisístrata de Arístófanes (2005),"Cinco mulleres co mesmo vestido" de Alan Ball (2006)
, a
"Profetisa" (2006), todas elas adaptacións
de Xoán C. Laxe, Pensión 13 de
Xoán C. Laxe (2007), "O Lirio" Adaptación libre del
guión de W. Burrows (2009) e "O Inspector" de Nicolai
Gogol (2010)
|