|
Presentación
Historial
Contactos |
|
|
|
Director
Equipo artístico
Equipo técnico
A Asociación Antigos membros |
|
|















 |
|
|
(Juan Carlos Hernández).
Tradución Xoán Carlos Laxe
|


SOBRE A PEZA......
NOTA
SOBRE A AUTORÍA
Tanto o
autor como o traductor son xestores da súa propiedade
intelectual, non pertencendo a sociedade algunha de
xestión de dereitos, e cederon esta obra a Nova Escena
para a súa representación.
JUAN CARLOS HERNÁNDEZ (Autor)

Nado
en Madrid en 1978, leva ligado ao mundo do teatro dende
os 16 años. Estuda interpretación con Jose Luis
Aguilella, Paco Carrillo e David González, cantou con
Toño Casado e María Adamuz e complementa a súa formación
con tres años na Escola de Artes Visuais de Madrid
abarcando áreas tan diversas como guión cinematográfico
e teatral, animación, publicidade, expresión corporal,
etc. ademais de varios cursos de guión, voz,
interpretación e técnica de clown.
Como actor, empeza a súa andaina teatral na Asociación
Cultural ATAIR onde é protagonista nos musicais “Juan
Soñador” (Juan), “Jesucristo Superstar” (Jesucristo) e
“Os Miserables” (Jean Valjean). É seleccionado pola
compañía 4Cuartos para formar parte do reparto de “La
Pequeña Tienda de los Horrores”. Posteriormente ingresa
no grupo de teatro Amorevo onde participa no musical “El
Jorobado de Notre Dame” interpretando o papel de Antoine.
De volta á Asociación Cultural Atair, esta vez como
intérprete e director, participa nos musicais “El Sueño
Imposible”, “Showtime” e “Ensayo General: Sálvese quien
pueda”. Tamén interveu en diversas curtametraxes e
prestou a súa voz en campañas de publicidade e
videoxogos.
Como escritor inicia a súa andaina traducindo e
adaptando ao castelán o libreto e cancións dos musicais
“La Pequeña Tienda de Los Horrores” e “Ragtime”.
Posteriormente escribe e dirixe o musical “El Sueño
Imposible” que é seleccionado para participar no Certame
Nacional de Teatro Amateur de Haro. Do mesmo xeito
escribiu guións para curtametraxes cinematográficos como
“mIRC” e “El Coro”. As súas dúas últimas creacións
teatrais son “Ensayo General: Sálvese quien pueda”, unha
divertida comedia musical de enredo e “A Herdanza da Tía
Constanza”, ambas con data de estrea para a primavera de
2011.
XOÁN CARLOS LAXE (tradutor)

Escritor
de guións lugués, habitual guionista e adaptador de Nova
Escena Teatro.


|
  
|
|
SINOPSE

A Señora Constanza, unha rica propietaria acaba xusto de
morrer. Os seus herdeiros reúnense, a instancias do notario, no pazo
que sempre habitara.
Sorprendidos escoitan que a lectura do testamento terá lugar na
presenza dunha notábel espitirista, xa que a finada estaba moi
relacionada en círculos esotéricos.
Invocada pola médium, manifesta unha estraña última vontade: será
herdeiro único aquel que sexa quen de pasar a noite seguinte no pazo...
|
|
FICHA ARTÍSTICA: (Por
orde alfabético):
Andrés Castelo: Arnoldo.
Chelo Trinidad: Elvira, a ama de chaves.
Encarnación Vázquez: A Tía Constanza.
Francisco Javier González: Bruto, Policia, Espíritu do cadro.
Juan Carlos Hernández: Sebastián, Policía novato (estrea)
María Lage: A rapaza hippie.
Mariana Vázquez: Efixenia.
María Márquez: Raimunda.
Marifí Ares: Madamme Mushka.
Pilar Rey: Notaria.
Rafael de la Fuente: Anastasio.
Xoán Carlos Laxe: Policía novato (en xira.)
|
 |
|
FICHA TÉCNICA:
Dirección,
Traducción, Adaptación, iluminación, Escenografía e Produción: Xoán Carlos
Laxe.
Guión,
Cartelería e deseño gráfico da escenografía: Juan Carlos Hernández.
Axudante de dirección e de produción: María Lage.
Deseño do espazo sonoro, composición musical: Cándido Díaz.
|
 |
|
ESPECIFICACIÓNS TÉCNICAS:
Dimensións mínimas do escenario: 6m de boca x
6 m. de fondo
Potencia mínima requerida: 3500W.
Preferentemente toma de corrente trifásica F+F+F+N+T.
Toma
de corrente monofásica aparte
|

|
|
Xénero: Comedia negra N.R.M. 12 anos.
Duración aproximada: 90’
 
|
 |
|