PRINCIPAL

Presentación
Historial
Contactos

OBRAS

COMPONENTES

Director
Equipo artístico
Equipo técnico
A Asociación  Antigos membros

VARIOS

 

                                                                               

  "BORRALLIÑA"     

(Xoán Carlos Laxe)

 

                    

 

Revisión cómica do famoso conto “ Cenicienta”.  Escrita e estreada en 1997 para o grupo de teatro do “Clube de Mayores de Caixa Galicia”. Foi obxecto de varias versións ata chegar á que presentamos.  

O texto afonda, en clave de humor,  nos cadros psicolóxicos dos persoaxes do conto facendo unha caricatura de cada un deles: unha Borralliña parva, un príncipe fetichista, un rei  dominado por unha raíña mandona... tódolos persoaxes rozan o esperpento, guiados polo zapateiro que fixera o famoso calzado que desencadea o final da historia. A narración deste personaxe transcorre entre a pantasía dos seus recordos e a realidade dun conto que puido ser posible.

Esta obra  do ano 2002 foi unha gran satisfacción para o grupo xa que foi interpretada en numerosas ocasións por distintos pobos.

     

   

O ARGUMENTO:

Nun reino atemporal a Raiña Madrepérola quere ve-lo seu fillo Azul Celeste casado, cousa que non é ben recibida nin polo Príncipe, nin polo Rei Cintolo que é unha figura de palla dominado pola súa muller. Para consegui-los seus propósitos, fai un baile co fin de que o Príncipe elixa noiva.

No mesmo pobo unha pobre nena chamada "Borralliña" explotada pola súa Madrastra e as 3 fillas de esta que a maltratan, entérase da noticia e gracias a súa Fada Madriña pode asistir ó baile.

A loita entre as 3 Damas do reino e as 3  Hermanastras por conseguir ó Príncipe resulta inútil cando no baile aparece Borralliña con 2 ratos convirtidos en lacaios e acapara tódala atención de aquel.

O desenlace é o xa sabido, despois de unha percura infructuosa de atopa-la rapaza á que lle quede grande o zapato perdido no baile, que é un 45.

 

     

                                             

                                                                              

REPARTO:

Zapateiro: Lines González

Borralliña: Sonya Fernández

Príncipe Azul:Gus Fouce

Lucita (Hada Madrina): Mª  Márquez

Rei Cintolo:Ivan Bello

Raiña Madrepérola: Mariana (A.V.)

Rubí (Dama): Belén

Ágata (Dama): Dina Croas

Augamariña (Dama): Eva Ferreiro

Antracita (Madrastra): Chicha V.

Clotilde (Hermanastra): Bea Cedrón

Matilde (Hermanastra): Pilar Estar

Benilde (Hermanastra): Alex

Ratón 1: Chelo Trinidad

Ratón 2: Marifí Ares

Garda 1: Randy Montero

EQUIPO TÉCNICO

Director: Xoán Laxe

Rexidora: Rosa Rodriguez

Música: Cándido Díaz

Vestiario: Chelo Trinidad

Perruquería: Chicha Vázquez

Maquillaxe: María Márquez

Coreografía: Mariana Vázquez

                            

            

 
            "Nova Escena Teatro"