|
Presentación
Historial
Contactos |
|
|
|
Director
Equipo artístico
Equipo técnico
A Asociación Antigos membros |
|
|










|
|
|
SOBRE A PEZA......
Cinco persoas diferentes escapan dunha
rimbombante voda... Na súa fuxida atópanse na habitación da irmá da
noiva...........¿Que teñen en común, amais dos vestidos de damas de
honra que visten? Son ricas, acomodadas, cultas..........pero non son
felices...
Allan Ball, guionista de "American Beauty" e "Dous
metros baixo terra" ofrécenos unha visión do mundo feminino ao traveso
de cinco personaxes moi distintos que comparten un enorme dolor.
En clave de comedia, as protagonistas exporán os
seus segredos máis íntimos. A peza convértese nun "strep tease"
emocional... debaixo dos fabulosos vestidos agárdanos unha metáfora
dalgunhas das contradicións do ser humano contemporáneo: os conflitos
de parella, a busca do amor fuxidío, os paraísos artificiais........


|
|
SINOPSE ARGUMENTAL
Sara, Raquel, Helena, Xulia e Paula,cinco
mulleres con personalidades moi diferentes, refúxianse na habitación
da noiva durante o banquete da voda. No percorrer da velada irán
descubrindo os seus segredos, as súas actitudes ante a vida, o amor, o
sexo... Nacho, un invitado, incorpórase ao grupo con intencións de
conquista.

|
|
FICHA ARTÍSTICA: (REPARTO DE PERSONAXES):
Sara: María Botana y María Laxe
Raquel: Chelo trinidad
Helena: María Márquez
Xulia: Mariana (Ängeles Vázquez)
Paula: Marifí Ares
Nacho: Randy Montero

|
|
FICHA TÉCNICA:
Traducción, adaptación e dirección X. Laxe
Axudantes de dirección:
María Lage, Chicha Vázquez
Música, grabacións e son: Cándido Díaz
Maquillaxe: María Márquez
Perruquería: Chicha Vázquez
Vestiario: CheloTrinidad
Iluminación: Xoán Laxe
Escenografía: Nova Escena
|
 |
|
Xénero: Comedia. N.R.M. 12 anos.
Duración aproximada: 90’
|

|
|