PRINCIPAL

Presentación
Historial
Contactos

OBRAS

COMPONENTES

Director
Equipo artístico
Equipo técnico
A Asociación  Antigos membros

VARIOS

                                                                               

    "O DECAMERÓN"    

(Giovanni Boccaccio). Adaptación Xoán Carlos Laxe

       

Seiscentos cincuenta anos despois de que G. Boccaccio presentara o seu Decamerón, moitas das propostas esbozadas polo autor seguen a ser defendibles. Son eses os rasgos que pretendemos salientar na nosa visión da obra, interpretada polo grupo ó longo do ano 2003.

 

                    

SOBRE A PEZA.......

 Un narrador misterioso plantexa o desastre e a morte xenerados pola peste en Italia. O grupo de mozas e mozos, saen ó campo fuxindo dela e aló, a traveso das historias cómicas, descubren unha vida alonxada da hipocresía e non condicionada pola presión da sociedade. Son eles quen crean un novo mundo. Os contos son o medio a traveso do que constrúen a nova realidade.

Pero a metamorfose non se produce de súpeto. Segundo vai avanzando a peza prodúcese unha progresiva liberación dos personaxes. A catarsis definitiva prodúcese no baile do terceiro acto, libre xa das ataduras sociais das que tímidamente se foron liberando nos lances precedentes.

A visión infernal da peste nas rúas de Florencia plantexalle unha cuestión tanto ó público como ós protagonistas: ¿Se a vida está amenazada, con qué te quedas dela? Esta cuestión resolverase na fuxida ó campo, na volta á natureza e ó natural.

Escollemos catro dos cen contos escritos por Boccaccio. Tódalas historias destacan polo seu carácter histriónico e divertido.

As historias hilarantes sosteñen un contrapunto cómico coa traxedia reflactida polo prólogo, facendo un xogo de extremos, tendando poñer o público na situación dos protagonistas.

REPARTO DE PERSONAXES:

Prólogo: Randy Montero

Pampínea:Mariana (Angeles Vázquez)

Fiameta: María López

Filomena: Belén

Lauriña: María Márquez

Neifile: Chelo Trinidad

Elisa: Chicha Vázquez

Emilia: Marifí Ares

Pánfilo: Gus Fouce

Filóstrato: Alex Couceiro

Dioneo: Randy Montero

 

PERSONAXES  DOS CONTOS:

 

Paganín: Gus Fouce

Bartola: María Márquez

Micer Ricardo: Alex Couceiro

Sor Consumación: Mariana (Angeles Vázquez)

Sor Sofocos: Chicha Vázquez

Sor Excitación: Marifí Ares

Sor Quenturas: Chelo Trinidad

Administrador: Gus Fouce

Vinciolo: Gus Fouce

Chichivía: María López

Mozote: Randy Montero

Peronella: Mariana( Angeles Vázquez)

Marido: Randy Montero

Gianello:Gus Fouce

EQUIPO TÉCNICO

Director: Xoán Laxe

Rexidora: María Laxe

Música: Cándido Díaz

Escenografía:Inocencio V.

Vestiario: Chelo Trinidad

Perruquería: Chicha V.

Maquillaxe:Mª Márquez

Coreografía e Bailes: Mariana Vázquez

 

  Hª de Paganín, Bartola e Micer Ricardo.                    Hª de Masetto e das Monxas.

                                                    

  Hª de Vinciolo, Chichivía e Calandrina                             Hª de Giannello e Peronella

                                             

   

                                    

                                               

                                                                         "Nova Escena Teatro"