PRINCIPAL

Presentación
Historial
Contactos

OBRAS

COMPONENTES

Director
Equipo artístico
Equipo técnico
A Asociación  Antigos membros

VARIOS

                                                                               

"O INSPECTOR"

(Adaptación do guión de Nicolai Gogol))
   

    SOBRE A PEZA......

“No teléfono móbil de ***** , O “alcume” , rexistráronse durante meses conversacións sobre os regalos a altos cargos da “Nome de institución pública”, os seus plans para organizar a carreira de Fórmula 1 ou a festa dos Grammy latinos, as súas angustias para cobrar os favores...”

O pais, 8/10/09

“Todos os demais estaban alí en pelotas, cada un cunha tía". ***** *** aliñaba o ecuador dos seus negocios corruptos con orxías, chicas de compañía e persoas vinculadas á trama.

O cerebro de “nome clave da operación” detallaba, nunha conversa intervida pola Policía e incorporada ao sumario, os pormenores dunha festa no chalé do alcalde de Lugar (Provincia), **** ***, do que se consideraba "amigo íntimo" cando intentaba facerse cun plan urbanístico bloqueado por motivos medioambientais.

O Mundo 8/10/09

Rusia, ano 1860? Non: España no 2009.

O Inspector (Nicolai Gogol, 1809-1852), unha das obras máis significativas do teatro ruso, aborda en ton de sátira unha constante social, por desgraza ligada ao ser humano: a corrupción.

A adaptación que propoñemos pretende, en primeiro lugar, achegar a visión satírica  e hilarante de gogol aos tempos actuais, salpicados acotío de escándalos económicos vinculados ao incorrecto exercicio da política. Con ese salto temporal, se ben nos afastamos do texto orixinal, somos fieis á intención social do autor. Non en van, xunto co compoñente satírico, a busca dun realismo social foi un salientable achado deste ruso, que tanta influencia tivo en autores como Mijaíl Bulgákov ou Yevgeni Zamiatin.

 

 SINOPSE

Nunha vila galega calquera, os políticos do consistorio confunden a un viaxeiro vividor cun inspector que estaban a agardar, ofrecéndolle todo tipo de beneficios económicos a cambio de agachar tódalas irregularidades cometidas durante anos. As forzas vivas da vila: empresarios, construtores... han ter tamén moito que dicir.        

 

 

FICHA ARTÍSTICA: (Por orde alfabético):

 

Andrés Castelo: Ivan López

Chelo Trinidad: Bárbara Viga 

Encarnación Vázquez: Susana Hermida

Marcos Castro: Vicente Roxón

María Lage: María Antonia

Mariana Vázquez: Antonia Axís

María Márquez: Artemia
Marifí Ares: Camarera

Xoán Laxe/Alberto Casasnovas: Policía

 

FICHA TÉCNICA:


Dirección, Adaptación, iluminación, Escenografía e Producción: Xoán Carlos Laxe

Grabacións e son: Cándido Díaz
Maquillaxe,
vestiario e perruquería: Nova Escena Teatro


ESPECIFICACIÓNS TÉCNICAS:

 

Dimensións mínimas do escenario: 6m de boca x 6 m. de fondo

Potencia mínima requerida: 3500W. Preferentemente toma de corrente trifásica F+F+F+N+T. Toma de corrente monofásica aparte

 

 

Xénero: Comedia. N.R.M. 12 anos.

Duración aproximada: 90’

 

 

 

                                 "Nova Escena Teatro"