PRINCIPAL

Presentación
Historial
Contactos

OBRAS

COMPONENTES

Director
Equipo artístico
Equipo técnico
A Asociación  Antigos membros

VARIOS

                                                                               

"O SONO DUNHA NOITE DE SAN XOÁN"

(W.Shakespeare).  Adaptación Xoán Carlos Laxe

 

  

COMENTARIOS SOBRE A PEZA:

PUCK, O AMOR E O DESAMOR.

O teatro é unha mostra cultural viva. A esencia da interpretación é a aportación personal dun grupo de persoas a un texto escrito por outra. Un grupo debe facer "seu" o que representa. estas premisas son as que guiaron a nosa versión do "Sono" de Shakespeare. Optamos outro ano por aportar unha visión persoal dun clásico, é coido que o ensaio non foi de todo errado, para (quizais) disgusto dos mais puristas. Esta obra representouse ó longo do ano 1999.

 

Versión dun tema clásico de W. Shakespeare “A Midsummer night’s dream”.

Unha panda de mozos ven enfrontado o seu amor, coa vontade dos pais. Confundidos saen a dar unha volta por unha fraga na máxica noite de San Xoán. Os espíritos confúndennos e fan que ó fin cada quen remate co seu auténtico amor. Peza chea de alegría e fantasía, rica en subtramas e de personaxes feiticeiros.

 

O ARGUMENTO:       

Hipólita y Teseo están a casar. Acude onde eles Exea para mediar polos amores da súa filla hermia, poisque esta négase a casar co pretendente designado pola súa nai: Demetrio. En realidade Hermia está namorada de Lisandro, un tímido mozo de boa familia e é Helena, amiga íntima de Hermia quen ama en secreto a Demetrio. Hermia e Lisandro deciden fuxir a vivi-lo seu amor e quedan na Fraga cercana o Palacio. Demetrio, advertido por Helena, ségueos.

Un grupo de actores afeccionados prepara na mesma fraga unha representación para honrar a Hipólita e Teseo nas súas nupcias. O que todos ignoran e que a Fraga está poboada polos espíritus do bosque, que viven os seus propios conflictos alleos das complicacións humanas. Puck un espíritu bulreiro, enfeitizaraos a todos, e fará confundir amores duns cos outros.

Nesta obra estudiamos "o amor". Sentimento tolo de seu, sensación contradictoria que asulaga o razoamento de homes e mulleres naquela etapa da relación que chamamos "enamoramento".

Casi tódolos persoaxes na obra están namorados, tocados polas "flechas de Cupido", e é Puck o espíritu bulreiro, o encargado de pecha-los ollos do anxeliño namorador, e de confundir ós amantes, e inverti-lo desexable orde das cousas segundo cal "a cada ovella" deberíalle corresponder "a súa parella".

Puck é, dalgún xeito, o azar, encontro fortuito, o desencontro, o amor e o desamor......o que sempre está presente cando coñecemos alguén e sentimo-la maxia do comenzo dunha relación.

 
                                                "Nova Escena Teatro"