PRINCIPAL

Presentación
Historial
Contactos

OBRAS

COMPONENTES

Director
Equipo artístico
Equipo técnico
A Asociación  Antigos membros

VARIOS

                                                                               

VARIOS

ciclo teatro de outono “Atracción TEatral V”  OUTUBRO-novembro 2011

"Nova Escena Teatro" organiza o Ciclo de Teatro Amador  “Atracción Teatral IV”, dentro da programación de Ciclos de Outono de teatro amador promovidos polo AGADIC e organizados pola FEGATEA (Federación Galega de Teatro Afeccionado).

As 4 primeiras edicións de “ Atracción teatral”  tiveron lugar no outono, dende o 2007 ata hoxe, e contaron coa participación de 14 grupos  de teatro amador galego

Este ano, como novidade incluímos na programación unha peza especialmente orientada ao público infantil: Soños de igualdade, de Atrezzo Teatro (día 29 de outubro)

Todas as funcións terán lugar no Centro de convivencia de Fingoi, as 19.00 horas. Os Sábados 15, 22 e 29 de outubro e 5 de novembro. Entrada gratuíta

Sábado 15 de outubro: “Arte-F”

Compañía: Max Teatro”, nace no 2001, para representar, ós grupos de teatro: “Ad Libitum”, “A machina”, taller de teatro “Divir-TT”, todos eles de teatro amador de Ferrol

"Max Teatro" presentou a gala II premios “Abrindo horizontes 2004” e coordina e colabora cos “Domingos a escena”, que o Concello de Ferrol ven celebrando dende o 2000, durante seis meses ó año.

Tamén organiza o mes de teatro do Casino Mugardes, dende o año 2001.

Sinopse: A compra dun "cadro modernísimo", "caro", crea unha confusión entre as tres amigas, cunha relación de anos.

Si a túa amizade que crías eterna está baseada nun acordo mutuo tácito, ¿qué pasa cando unha persoa fai algo completamente diferente e inesperado? a pregunta é: ¿es quen cres que es ou es quen os teus amigos cres que es?

Arte-F é unha comedia que nos coloca fronte ao espello da sinceridade, esa que nos mostra tal como somos, ¿ou tal vez como nos tratan os noso amigos?

Sábado 22 de outubro: “Medievalia”

Compañía: “Garelia Teatro”.  Grupo teatral nacido en Betanzos en Xaneiro de 2009.  

Sinopse: Ana chega a Probaos, un vilar do rural onde terá que promover unha feira medieval. A teima de Xulio e Ánxela, os donos do único mesón da vila, por organizar a feira, a negativa do alcalde, a chegada de Ana; Cristina, a irmá de Ánxela coa súa retranca e todos os enredos farán de Medievalia unha comedia moi entretida.

O coñecido actor e dramaturgo Manuel Lourenzo, Presidente de Honra de Garelia Teatro, escribiu expresamente para nós esta obra, "Medievalia"

Sábado 29 de outubro: “Soños de Igualdade”

Compañía: "Atrezzo Teatro", un importante dinamizador da vida teatral da bisbarra de Vigo e unha das agrupacións con máis sona do sur de Galicia, e fonte de diversas escolas de teatro por toda a zona.

Sinopse: O soño da Raíña de Trasantonte é ver á súa filla Fabiola casada cun príncipe principesco de sangue azul. Fabiola, pola contra, soña con percorrer o mundo montada nun cabalo azul. As aventuras de esta princesiña lévanos a un mundo de soños onde comprendemos que os contos de fadas non son como pensabamos: as palabras poden ser máis letais que a espada máis afiada, os "príncipes principescos" tamén teñen medo, e as "princesiñas indefensas" bástanse para defendelos, que os monstros poden ter mellor corazón que os reis e que un burro pode ser o mellor cabalo

Sábado 5 de novembro: “O Inspector”

Compañía: "Nova Escena Teatro" que tivo a súa orixe no obradoiro de teatro do centro social municipal “A milagrosa ” de Lugo, comezando a súa andaina como tal no ano 1997 e seguindo ata hoxe coas súas interpretacións teatrais.

Durante este tempo, foi medrando nos membros do obradoiro a sensación de pertenza a un grupo de teatro. Incrementáronse o número de ensaios e funcións, estabilizáronse os equipos de traballo das distintas áreas. Este feito catalizou a formación da Asociación Cultural-Teatral "Nova Escena", en Xaneiro de 2003.

Sinopse: Nunha vila galega calquera, os políticos do consistorio confunden a un viaxeiro tunante cun inspector que estaban a agardar, ofrecéndolle todo tipo de beneficios económicos a cambio de agachar tódalas irregularidades cometidas durante anos. As forzas vivas da vila: empresarios, construtores... han ter tamén moito que dicir.

ciclo de teatro de outono “Atracción TEatral IV”  OUTUBRO 2010

Nova Escena teatro organiza do Ciclo de Teatro Amador  “Atracción Teatral IV” da programación “culturavai” promovida pola Dirección Xera de  Promoción e Difusión da Cultura da Consellería de Cultura e Turismo e coordinada pola FEGATEA (Federación Galega de Teatro Afeccionado).

As tres primeiras edicións de “ Atracción teatral”  tiveron lugar, dende o 2007 ata o presente ano, e contaron coa participación de trece grupos  de teatro amador galego.

Este ano, coincidindo co ciclo, e entre os días 18 e 24 de outubro, estará aberta a exposición “X aniversario da FEGATEA”  no Centro de convivencia de Fingoi, onde se celebrará o ciclo, e poderá ser visitada no horario de apertura do mesmo. 

Grupos invitados

Sábado 2 de outubro:

Compañía: “Carrachanacacha”  A asociación teatral “O Aturuxo de Melpómene” constitúese no ano 2007, en Narón, por iniciativa dun grupo de 15 alumnas e alumnos da Escola de Teatro de Narón, que sentiron a necesidade de crear unha entidade propia coa principal finalidade de promover os proxectos e traballo en conxunto no ámbito teatral. O grupo Carrachanacacha enmárcase nos traballos desta asociación.

Sábado 9 de outubro:

Compañía: Grupo de Teatro "Escoitade". Naceu en maio do ano 1973 en Valladares (Vigo). O Grupo estaba formado por xente,  que pouco a pouco fóronse erguendo a base dun sacrificio constante. A lectura, os ensaios de todo tipo, as representacións feitas e olladas a outros grupos, as mostras, etc... foron moldeando positivamente o grado de concienciación do grupo ata acadar un nivel salientable. Na longa andaina deste grupo decano, socio fundador da FEGATEA, súmanse máis de corenta producións de teatro e cinema.

Sábado 16 de outubro:

Compañía: Carfax Teatro. A Asociación teatral Carfax nace no 2005, como Escola de teatro municipal de Culleredo, para ir conformándose posteriormente como unha asociación de teatro afeccionado.

En menos de tres años a Asociación estableceu un traballo de produción de obras, de traballos e iniciativas dentro do grupo, buscando por un lado un lugar para representar eses traballos como o equipamento técnico necesario para realizar dichas obras, nunha traxectoria que consideramos máis que positiva. Por outro lado tamén a Asociación estableceu en varios centros de educación clases de teatro infantil,  cursos de maquillaxe teatral, de iluminación, etc.

Sábado 23 de outubro:

Compañía: Nova Escena Teatro. Naceu en Lugo hai agora 12 anos, como obradoiro de teatro. Dende aquela, outras doce pezas avalan o esforzo doutro dos cada vez mais numerosos grupos de amantes do teatro.    

Lugar e horario das funcións:

Todas as funcións terán Lugar no Centro Social de Fingoi  ás 19:00h.  Entrada  libre.

ciclo de teatro de outono “Atracción TEatral III”  novembro 2009

Nova Escena organiza do Ciclo de Teatro Amador  “Atracción Teatral III” enmarcado na programación “culturavai” promovida pola Dirección Xeral de Promoción e Difusión da Cultura da Consellería de Cultura e Turismo e coordinada pola FEGATEA (Federación Galega de Teatro Afeccionado).

As dúas primeiras edicións de “ Atracción teatral”  tiveron lugar entre outubro e novembro do 2007, e contaron coa participación de nove grupos  de teatro amador galego.          

Grupos invitados

Sábado 31 de outubro:

Compañía: Nova Escena Teatro. Nova Escena teatro naceu en Lugo hai agora 12 anos, como obradoiro de teatro. Dende aquela, outras doce pezas avalan o esforzo doutro dos cada vez mais numerosos grupos de amantes do teatro.    

Sábado 7 de novembro:

Compañía: “O aturuxo de Melpómene” A asociación teatral "O Aturuxo de Melpómene" constitúese no ano 2007, en Narón, por iniciativa dun grupo de 15 alumnas/os da Escola de Teatro de Narón que sentiron a necesidade de crear unha entidade propia coa principal finalidade de promover os proxectos e traballo en conxunto no ámbito teatral.

Sábado 14 de novembro:

Compañía: Teatro de Cámara Ditea. Unha compañía que ten xa escrito o seu nome na historia do teatro galego. Fundada en 1960, foi pioneira na posta en escea de pezas como "Seis personaxes en busca de autor", de Luigi Pirandello, (1967) Foi o primeiro grupo en representar unha obra de Shakespeare en Galicia, uns anos antes de que o fixese o Centro Dramático. Outras iniciativas pioneiras do colectivo foron posta en escena da "Comedia da oliña", de Plauto, na versión galega de Aquilino Iglesias Alvariño, e a estrea absoluta de "Almas mortas" de Vilar Ponte no Día das Letras do 1977... 47 anos do teatro en Galicia.  Na memoria do creador de Ditea, Agustín Magán, celébrase anualmente en Santiago a mostra de teatro amador Galego.

Sábado 21 de novembro:

Compañía: Atrezzo Teatro. O grupo Atrezzo constitúe un importante dinamizador da vida teatral da bisbarra de Vigo. é unha das agrupacións con máis sona do sur de Galicia, e fonte de diversas escolas de teatro por toda a zona.

Sábado 28 de novembro:

Compañía: “Centro dramático vilalbés”. Nace como compañía afeccionada de teatro dentro do seo da asociación Centro Dramático Vilalbés en abril de 1994, aínda que os membros que a constituían nese momento proviñan do grupo de teatro creado dentro da Asociación Cultural Monseivane de Moreda (Lanzós) dende 1986.

Funcións de entrada libre, no Centro Social Municipal de Fingoi  ás 19:00h.

CICLO DE TEATRO DE OUTONO "ATRACCIÓN TEATRAL II" NOVEMBRO 2008

Centro Social Municipal de Fingoi. 8, 15, 22 e 29 de novembro ás 20:00 H

 Nova Escena teatro organiza do Ciclo de Teatro Amador “Atracción Teatral II” enmarcado nos Ciclos “Outono teatral” promovidos e coordinados pola Dirección Xeral de Creación e difusión Cultural da consellería de cultura e Deportes da Xunta de Galicia, e a FEGATEA (Federación Galega de Teatro Afeccionado).   

A primeira edición do ciclo “ Atracción teatral” tivo lugar entre outubro e novembro do 2007, e contou coa participación de outros catro grupos de teatro amador galego. 

 Grupos invitados:  

Sábado 8 de Novembro:

 Compañía: O Trasno Novo Teatro(Vigo), grupo de teatro afeccionado de Comesaña, Vigo, fundado por Xaime Costas Fernández en 1980. É grupo cofundador da Federación Galega de Teatro Afeccionado (Fegatea).    

En 2007 organiza a I Mostra de Teatro Afeccionado, integrada no circuíto teatral de Galicia, no centro cultural da parroquia, o Nautilius.     

 Sábado 15 de Novembro:

Compañía: A asociación “Max Teatro" (Ferrol), nace en Maio do 2001 para representar aos grupos de teatro: "Ad Libitum", "A machina", taller de teatro Divir-TT", todos eles grupos de teatro amador de Ferrol.

Max teatro, presentou a, gala II premios “Abrindo horizontes 2004” . Max Teatro, coordina e colabora cos “Domingos a escena”, que o Concello de Ferrol ven celebrando dende o 2000, durante seis meses ao año.   

Tamén organiza o mes de teatro do Casino Mugardes, dende o año 2001.   

Sábado 22 de Novembro:

Compañía: Carfax teatro. A Asociación teatral Carfax nace no 2005, primeiramente como Escola de teatro municipal de Culleredo, para ir conformándose posteriormente como unha asociación de teatro afeccionado.   

Dado o conxunto humano que se conseguiu, en menos de tres años a Asociación estableceu un traballo de produción de obras e de promoción de traballos e iniciativas dentro do grupo, buscando por un lado un lugar para representar eses traballos como o equipamento técnico necesario para realizar dichas obras, nunha traxectoria que consideramos máis que positiva.   

 Por outro lado tamén a Asociación estableceu en varios centros de educación clases de teatro infantil, programado cursos de maquillaxe teatral, de iluminación, etc.   

Sábado 29 de Novembro:

Compañía: Achádego  Teatro.  (Lugo) Grupo decano da cidade de Lugo, nado no 1988; nos seus vinte anos de andaina unha manchea de producións teatrais, e mesmo de Tv e cine.   Achádego Teatro é un dos grupos históricos do teatro amador galego e durante longo tempo o único referente teatral da cidade onde se orixinou.

Tódalas funcións tiveron lugar no Centro Social Municipal de Fingoi  con entrada  libre

CICLO DE TEATRO DE OUTONO "ATRACCIÓN TEATRAL I" NOVEMBRO 2007

Centro Social Municipal de Fingoi ás 20:00 horas

 Nova Escena teatro organiza do Ciclo de Teatro Amador “Atracción Teatral I”

Sábado 20 de Outubro: "Palimoco Teatro"

Sábado 27 de Outubro: "Grupo de teatro da Biblioteca de Antas de Ulla"

Sábado 10 de Novembro: "Metátese Teatro"

Sábado 17 de Novembro:"Atrezzo Teatro"

Sábado 24 de Novembro: "Nova Escena Teatro"

Sábado 1 de Decembro: "Teatro de Cámara Ditea"

 

COLABORACIÓN NA V MOSTRA DE TEATRO DE LUGO 2007

"Cinco Mulleres co Mesmo Vestido"

COLABORACIÓN NA IV MOSTRA DE TEATRO DE LUGO 2006

"LISÍSTRATA"

 

COLABORACIÓNS NO "DÍA INTERNACIONAL DOS SIN TEITO" 2005

Colaboración coa "Cruz Bermella" no "Día Internacional das persoas sen fogar

COLABORACIÓNS NA NOITE DOS TOLOS 2005:

"O que aconteceu antes de Borralliña"

COLABORACIÓN NA III MOSTRA DE TEATRO CIDADE DE LUGO 2005

        "A Irmá Mª Ignacia Explícavolo Todo"

COLABORACIÓN NA II MOSTRA DE TEATRO CIDADE DE LUGO 2004

"O DECAMERÓN"

 

 

COLABORACIÓN NA NOITE DOS TOLOS 2004:

              "Llueve"

                                       

COLABORACIÓN NA NOITE DOS TOLOS 2003:

Coa representación libre de dous monólogos.

 

   

HAPPENINGS

NADAL 2002

NON Á GUERRA 2002

 

 

                                              "Nova Escena Teatro"